Informes
Usuarias
| 12 de Outubro de 2008 |
|
|
|
| Escrito por Administrator |
| Luns, 06 Outubro 2008 13:13 |
|
Concentración por Diego Viña, diante da Igrexa Parroquial de Arteixo, á hora da misa central da mañán.
O día 22 de septembro de 2004 morreu Diego Viña Castro con 22 anos de idade de forma mais que dudosa nun calabozo da garda civil de arteixo.
¡¡¡ QUEREMOS SABER COMO MORREU DIEGO !!!
Xa pasaron máis de 4 anos desde que morreu Diego. Ante as denuncias presentadas a xuíza recoñece o posible delicto de DENUNCIA FALSA E DETENCIÓN ILEGAL e, que as instalacións da garda civil de Arteixo “non parecen las más idóneas para la custodia de detenidos”; “que se pueden advertir deficiencias en el sistema de vigilancia” e “a excesiva duración da detención como neglixencia”. Por elo, a Xuíza cita a declarar como IMPUTADOS dun posible delicto de DENUNCIA FALSA a 2 gardas civís. Un axente da garda civil presta declaración o 9 de outubro de 2007 e otro axente declarou o pasado 3 de septembro de 2008, e ningún foi capaz de explicar por qué non aparece a orde de detención contra Diego. Nos queremos chegar máis lonxe e tamén denunciamos:
Arredor das 5 da tarde produciuse un lapso de silencio e os axentes baixaron os calabozos e encontraron a Diego aforcado cos seus propios pantalóns, colgados na parte superior da porta da celda. Polo que consideramos que existe neglixencia por parte dos axentes, o que supón HOMICIDIO DOLOSO EN COMISIÓN POR OMISIÓN xa que nin previron o previsible, nin evitaron o evitable, aceptando por tanto o resultado. Incumprindo con isto tanto o mandato legal de vixilancia e respecto polos dereitos dos cidadáns, violando o seu código ético de deber de socorro, mancillando o xuramento militar da defensa da vida e creando mingua de autodefensa do individuo. Tal situación fai os axentes encargados da custodia de Diego RESPONSABLES. Actualmente, e despois de 3 anos, a causa está no TRIBUNAL CONSTITUCIONAL onde figuran como denunciados: Carlos Viña (pai de Diego) como presunto autor dun delicto de denuncia falsa, xa que a presenta sen ningún dato que a xustifique e en profundo estado de embriaguez; o comandante do posto da garda civil de Arteixo (G00402P) e os axentes W97788Z, 34896949, Q47830E e T68012Z polo presunto delicto de detención ilegal; o comandante e os axentes W97788Z, 34896949 e G98967J polo presunto delicto de homicidio doloso en comisión por omisión; e finalmente o axente P06799U como presunto autor de un delicto de encubrimento. MAIS INFO: www.denuncia.info MAIL: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
|
| LAST_UPDATED2 |



