Comunicado da Comisión de Denuncia de Galiza sobre o motín de Teixeiro PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 Xullo 2006 08:18

A Comisión de Denuncia da Galiza (coordinadora formada por colectivos sociais de todo ámbito) denuncia unha vez máis as condicións infrahumanas da cadea de Teixeiro como causa irremediable do motín .

Vense denunciando nos últimos anos, e especialmente nos últimos meses, a caótica situación das cadeas galegas, e particularmente as dúas macrocárceres (Teixeiro e A Lama) que se atopan situadas na demarcación galega. Nos centros penitenciarios do noso país prodúcense a diario vulneracións importantes de dereitos das persoas presas, entre as que destacan as torturas e os malos tratos, así coma unha carencia absoluta das condicións sanitarias.

Por informacións contrastadas por este colectivo, os reclusos acusados do motín de Teixeiro protestaban polas condicións de vida que supoñen unha vulneración de dereitos fundamentais e pola impunidade coa que os funcionarios da prisión tratan aos presos.

Este colectivo reclama o inicio dunha investigación a cargo da fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza a fin de determinar as causas do incidente e apreciar de primeira man os abusos e malos tratos practicados contra as persoas presas ao sufocar a protesta.

Rexeitamos as valoracións públicas realizadas polos sindicatos penitenciarios, que clasifican as persoas presas como “perigosas” encadrándoas pexorativamente como «terroristas, importantes narcotraficantes, internos mafiosos y reclusos que no son capaces de adaptarse a la falta de libertad».

Denunciamos polo tanto o fracaso da política criminal de construción de macrocadeas (con altas taxas de acinamento que alcanzan o 136%, cuns 1.367 presos/as), o incremento da poboación reclusa provocada pola criminalización das condutas e poboacións máis excluídas, e a impunidade dos funcionarios respecto as prácticas cotiás de torturas e malos tratos .

Este problema supón a demostración palpable de que as cadeas están ao borde do colapso.

Comisión de Denuncia da Galiza

 

 
Quen somos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 19 Agosto 2004 21:11

A Comisión de denuncia da Galiza, Coordinación Social fronte a Tortura e os Malos Tratos, nace a finais do ano 2004, coma resposta á sensibilización que algúns colectivos e persoas amosan antes as reiteradas denuncias de torturas cometidas en Galicia.

A continua vulneración de dereitos fundamentais das persoas que están recluídas en cadeas, comisarías, centros de detención de inmigrantes, centros de cumplimento de penas da lei de responsabilidade do menor, etc. levou a aglutinar os esforzos de actuación de colectivos de diversos ámetos (sociais, xurídicos, políticos, territoriais), ata o de agora dispersos, nesta Comisión asamblearia, integrada por A Casa Encantada, Ceivar, Colectivo Moucho de A Coruña, Comisión Penitenciaria de Ourense, Comités Antisida de Galiza, Departamento de Dereito Penal da Universidade de A Coruña, Esculca (Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades), Komunal de Ourense, Movemento polos Dereitos Civís, PreSOS Galiza, e persoas a nivel individual.

Mediante reunións periódicas, organízanse distintas accións e campañas para informar da realidade desas persoas, reclusas tras uns muros ben opacos; suxeitas a un réxime de vida que ampara, legalmente, situacións que permeten abusos e torturas e que, normalmente, resultan descoñecidas pola maioría dos cidadáns, ou ben se queren ignorar.

A Comisión quere ser os seus ollos e boca, para que resulten visibles xa que eles non o poden facer; daquela, levan a cabo marchas de denuncia ata as cadeas galegas, organizan accións e palestras informativas en diferentes lugares de Galicia, ocúpanse do seguimento de diversos casos de mortes e torturas, asistindo a xuízos a presos, ou prestan apoio ás familias dos torturados.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 4