Informe MpDC PDF Imprimir Correo-e
Martes, 12 Xuño 2007 17:45
Informe do Movemento polos Dereitos Civis (MpDC) do ano 2006 dispoñible para descargar en formato pdf dende este enlace: pdf Informe MpDC
 
Video Concentración dia 24/3/07 a Coruña PDF Imprimir Correo-e
Martes, 12 Xuño 2007 13:28

Video Concentración apoio Xosé tarrio e Diego Viña 24/3/07 no You tube..

http://www.youtube.com/watch?v=m8RK3w7cYYE

 
Presentación do Relatorio da CPT PDF Imprimir Correo-e
Luns, 14 Maio 2007 18:20

APRESENTACIÓN RELATÓRIO COORDENADORA PARA A PREVENCIÓN DA TORTURA

O dia 12 de Maio, en Santiago de Compostela, a Coordenadora para a Prevención da Tortura deu a coñecer o seu relatório sobre o Estado español no ano 2006, que apresenta as 610 denúncias recollidas nese ano e realiza o seguimento das denúncias apresentadas en anos anteriores.

Este é o terceiro ano consecutivo en que a Coordenadora apresenta un relatório destas características, relatórios através dos cais constatamos a pervivéncia do problema no Estado español xa que entre os anos 2001 e 2006 recollemos 4.196 denúncias.


Ler máis...
 
Fotoreportaxe concentración por xose Tarrio PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 10 Maio 2007 12:17

Eiqui tedes a fotoreportaxe  realizada no día da Concentración  do 24 de marzo de 2007

(sábado)

http://gzifoto.com/folder.php?id=33

 
Concentración por Xosé Tarrío PDF Imprimir Correo-e
Venres, 16 Marzo 2007 12:57

Concentración o día 24 de marzo de 2007 (sábado)

  • Ás 12 horas da mañá, no Hospital Juan Canalejo da Coruña
  • Ás 16:30 horas da tarde, diante da subdelegación do goberno da Coruña

Convoca a Comisión de Denuncia da Galiza: http://denuncia.info

¡¡ O SERGAS O DEIXOU MORRER !!

¿POR QUÉ MORREU XOSÉ

Xosé Tarrío morreu no cárcere o 2-1-2005. Entrou a cumprir condena de 2 anos e medio. Tivérono 14 anos na cadea, 12 deles en AILLAMENTO. Sendo portador i enfermo do VIH desde 1989, Xosé non recibiu tratamento axeitado con medio corpo paralizado. Os servicios médicos do Centro Penitenciario de Teixeiro recéitanlle unha aspirina “dicindo que era gripe”. Varios meses despois, o ingresan no Hospital Xoán Canalexo de A Coruña onde outro erro máis no diagnóstico, provocou e acelerou a súa morte.

pdf Descarga o cartaz da concentración en pdf

 

 
Concentración día 9 pola morte de diego PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 Marzo 2007 13:32

A AUDIENCIA PROVINCIAL REXEITA O PROCESAMENTO DOS GARDAS CIVIS "PRESUNTAMENTE" IMPLICADOS "NO HOMICIDIO DE DIEGO VIÑA CASTRO" NO CUARTEL DA GARDA CIVIL DE ARTEIXO.. PEDIMOS A TÚA COLABORACIÓN PARA QUE SE FAGA XUSTIZA CONCENTRACIÓN O DÍA 9 DE MARZO DE 2007 (VENRES) ÁS 12:00 DA MAÑÁ DIANTE DA AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (C/ CAPITÁN JUAN VARELA S/N ; DETRÁS DOS NOVOS XULGADOS)

Convoca: Comisión de denuncia de Galiza

Podes ver as imaxes da Concentración do día 9 de marzo, na galería de imaxes ou na páxina web do compañeiro gzi que nos cede as fotos.

Ler máis...
 
Comunicado Coordenadora Prevención da Tortura PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 31 Decembro 2006 03:13
Ante la elección de Leopoldo Torres Boursault como miembro del Subcomité Internacional de Prevención de la Tortura

 

El día de hoy, Leopoldo Torres Boursault ha sido elegido, a propuesta del Gobierno español, miembro del Subcomité Internacional previsto en el Protocolo Facultativo de la Convención de las Naciones Unidas contra la Tortura y otros Penas Crueles, Inhuman0s o Degradantes (OPCAT).

 

Esta elección pone en cuestión la independencia de los organismos que deberán fijar las normas reales de funcionamiento del Protocolo, y supone una quiebra en las expectativas generadas por la aprobación por la Asamblea de las Naciones Unidas en 2002 y la ratificación del mismo por el Gobierno español, en abril de este año.

Ler máis...
 
Nota de Prensa-Marcha á Teixeiro PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 Decembro 2006 16:11
A mediados de xullo deste ano aparecía a noticia en distintos xornais sobre un suposto motín no cárcere de Teixeiro protagonizado, segundo uns, por perigosos presos etarras e islamitas e, segundo outros, por presos comúns que protestaban polas insoportables condicións de vida naprisión e, en especial, polo réxime de illamento do primeiro grao.

Porén, non chegou a existir contrastación das contraditorias informacións oficiais procedentes todas elas de fontes próximas aos carcereiros(incluídos os sindicatos CSI-CSIF, ACAIP e CIG) coas versións dos propios presos, os cales, de feito, cursaron distintas denuncias contra o Subdirector de Seguridade e varios funcionarios de prisión por torturas, malos tratos, abuso de autoridade e ameazas.

É por isto que este sábado 23 de decembro a sociedade civil, organizada en torno á Comisión de Denuncia da Galiza, queremos sacar a voz dos presos fóra dos muros da prisión a través dunha marcha ao cárcere Teixeiro que vimos facendo cada ano en protesta pola inutilidade e a violencia dunha institución que non fai máis que incrementar o sufrimento e a marxinalidade da súa poboación reclusa.

A marcha comezará ás 12 - 12.30 h desde a gasolineira do cruce próximo á cadea.
 
 
Cartaz da Marcha a Teixeiro o día 23 de decembro PDF Imprimir Correo-e
Luns, 11 Decembro 2006 13:10

Aqui vai o cartaz da marcha a Teixeiro

  cartazteixeiro2

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 4